LÁCTEOS

En CLUN producimos, envasamos e comercializamos leite e derivados lácteos procedentes unicamente das explotacións dos nosos socios gandeiros, con Feiraco, Únicla e Clesa como marcas de referencia. Grazas á concentración e á proximidade xeográfica das nosas gandarías, garantimos a calidade e trazabilidade dos nosos produtos, así como o coidado da nosa contorna. Ademais, as nosas granxas apostan por modelos de xestión sustentable e políticas de innovación e seguridade alimentaria que garanten a calidade de todos os nosos produtos dende a orixe.

Na planta de Ponte Maceira (Ames, A Coruña) concéntrase a produción dos produtos Feiraco: leite (enteiro, semidesnatado e desnatado), leite para Hostalaría, leite Únicla (coas súas cinco referencias: Enteiro, Semidesnatado, Desnatado, Semidesnatado Sen Lactosa e Desnatado Sen Lactosa), batidos, natas, iogures líquidos que non precisan frío para a súa conservación (Yogu+) e queixos.

A fábrica de Clesa, en Caldas de Reis (Pontevedra), é toda unha referencia na elaboración de iogures, sobremesas lácteas e queixos. O proxecto actual de Clesa dá comezo no 2012, liderado polas cooperativas lácteas galegas unidas en ACOLACT, Agrupación de Cooperativas Lácteas, SL.

SERVIZOS E RELACIÓN CON SOCIOS

CLUN coida dos seus gandeiros e pon á súa disposición, a través da división de Recursos Agrogandeiros, todos os servizos e produtos necesarios para o desenvolvemento da súa actividade, sempre centrados na creación de valor para o asociado.

CLUN dispoñerá/dispón de fábricas de produción de pensos en Ribadeo, Melide e Ponte Maceira, así como de surtidores de gasóleo en Ponte Maceira e Ribadeo e tendas agrarias en Melide, Ponte Maceira, Ordes, Santa Comba e Ribadeo.

Alén da asistencia á reprodución e á alimentación de gando, ademais dos servizos veterinarios e relativos á calidade do leite, CLUN proporciona servizos de xestión económica, xestoría administrativa e seguros, subministración de gasóleo, fertilizantes e outros, así como servizos de horta, maquinaria e taller de reparacións.

HORTA

CLUN dispón dunha ampla sección de horta dedicada a producir e comercializar hortalizas de temporada. Cultiva principalmente repolo nas súas tipoloxías: rizado, liso e corazón de boi; allos porros, cabaza violín, patacas, cebola chata galega, feixóns verdes, tomate e pemento de Padrón. Consulta os produtos no catálogo HORTA.

Conta cunha nave-almacén que ten unha superficie total de 2500 m2 e dispón no seu interior de tres cámaras acondicionadas con refrixeración, cunha superficie total de 250 m2. Conta tamén con zona de manipulación e confección de produto, con maquinaria específica para estas tarefas:

  • máquina de clasificado para estandarizar os froitos
  • máquina de envasado flow-pack de tipo almofada
  • máquina de envasado flow-pack con bandexa
  • máquina de envasado para facer mallas

A sección de horta de CLUN traballa os seguintes formatos de presentación: produtos a granel, produtos en flow-pack tipo almofada, produtos en flow-pack con bandexa e produtos envasados en malla.

As instalacións da Sección Horta están localizadas en:
Polígono Industrial A Madanela
Parc. 49-50, CP 15800
Melide (A Coruña)

CLUN huerta

SUBMINISTRACIÓNS

Contamos cunha ampla gama de produtos de calidade, tanto de índole nutricional como para lles ofrecer benestar ás nosas vacas e eficiencia ás gandarías.