O leite e demais derivados lácteos de CLUN proceden unicamente das granxas dos nosos socios gandeiros situadas en 30 municipios, concentrados nas áreas de influencia das comarcas coruñesas de Santiago, Ordes, Arzúa, Melide e A Mariña lucense. A concentración e a proximidade xeográfica das nosas gandarías favorecen a calidade e trazabilidade dos nosos produtos, así como o coidado da nosa contorna.

As nosas granxas apostan por modelos de xestión sustentable e políticas de innovación e seguridade alimentaria que garanten a calidade de todos os nosos produtos dende a orixe: do prado á mesa.

Ademais, as nosas gandarías foron as primeiras certificadas en Europa co selo de calidade ISO 22.000 para garantir a calidade dende o inicio da cadea de produción.