ASESORAMENTO E APOIO CONSTANTE AOS NOSOS GANDEIROS

Somos referencia en servizos aos nosos socios para alcanzar a máxima eficiencia das súas explotacións, mellorar a cadea de valor e a sustentabilidade da produción láctea.

A nosa división de Servizos apoia a xestión eficiente das gandarías dos nosos socios, tanto na vertente económica e financeira como no asesoramento técnico en agronomía, alimentación animal, servizos veterinarios e con outros servizos complementarios como o de asesoría, seguros, comercialización de carne e horta e servizos de taller e maquinaria.

servicios-clun

SERVIZOS INTEGRAIS A DISPOSICIÓN DOS NOSOS SOCIOS

Pomos a disposición dos nosos socios un completo equipo de técnicos agrícolas destinados ao asesoramento da produción forraxeira, abranguendo as seguintes especialidades:

Fertilización

Elección de sementes

Rotación de cultivos

Seguimento da evolución dos cultivos

Control de pragas e malas herbas

Recolección e técnicas de conservación

Pomos a disposición dos nosos socios gandeiros un especializado equipo de veterinarios dedicados ao asesoramento no manexo, sanidade, xenética, certificación de explotacións, calidade de leite e reprodución.

Control Reprodutivo

Sexado

Control do Periparto

Control da Recría

O noso equipo de profesionais xoga un papel fundamental no asesoramento dos seguintes servizos:

Asesoramento e Control das Mamites Clínicas e Subclínicas.

Manexo e Pautas de muxido

Protocolos de Tratamento e Prevención

Revisión dos Equipos de muxido e Tanques de Frío

Cálculo de Custos de Produción de Leite

Cálculo de Custos de Produción de Forraxes

Estudos de Viabilidade dos investimentos

Asesoría Financeira Personalizada

Dispoñibilidade de Convenios con entidades bancarias

Cursos de Formación e Comparación de grupos

Previsión de Tesouraría 

Desde a nosa cooperativa desenvolvemos unha continuada actividade formativa orientada aos
nosos socios e centrada nos seguintes grupos temáticos:

Produción de Forraxes

Calidade do leite

Xestión Económica

Defensa Sanitaria

Xenética

Subvencións e PAC

Contamos cun amplo parque de maquinaria que oferta os seguintes servizos:

Sementa

Encalado e abonado

Aplicación de fitosanitarios

Sega e recolección de forraxes

Transporte de forraxes

Unha das seccións máis importante do noso parque de maquinaria é o servizo de carros mesturadores a través do cal prestamos servizo de elaboración da ración unifed diariamente a máis de 160 socios (15.000 vacas), o cal xestionamos a través de Gescarro, programa específico desenvolvido por nós co que garantimos unha xestión óptima do servizo que ofrecemos.

O noso servizo de asesoría ofrece todo o necesario para a xestión fiscal e laboral dunha explotación.

Asesoría Fiscal

Asesoría Contable

Asesoría Laboral

Pomos a disposición dos nosos socios un equipo de nutrólogos especializados e orientados
ao asesoramento en alimentación animal, tanto en vacún de leite como de carne.

Analítica de forraxes, materias primas e racións unifed.

Racionamento adaptado ao manexo, calidade e dispoñibilidade de forraxes da granxa.

Xestión de Datos Técnicos e Comparativas

Asesoramento no Manexo de Lotes

Programa de Recría

Programa alimentario de vacas preparto e postparto

Comercializamos a produción hortícola dos nosos socios

Ofrecemos asesoramento técnico e económico

Programas de formación destinados aos nosos socios

Axudamos e asesoramos aos nosos socios na comercialización de carne.

Pomos a disposición dos nosos socios un servizo de certificación de explotacións de vacún de leite, co asesoramento e control documental necesario.